miércoles, 26 de enero de 2011

Estación Esperanza

O vento da tarde, move o roto cartel
Estación Esperanza, pon preto do andén
vías baldeiras, ferruxe na sen
casetas caídas, un roto lindel.

Triste, tolo e vello de cuarteada pel
da sua falta,non se decata ninguén.
Da estación o xefe, agarda o seu tren
¡Maldito tempo!¿Quén reparara nel?

Familiares e amigos que o deixan de ser
paisaxes nubradas que non podes ver,
tremores suaves, lixeiro...o vaivén.

Solitarios túneles de odio e querer
longos camiños de doce lecer
e unha vida curta, curta e sen tren.


2 comentarios:

  1. Cualquier despedida, por frívola o trivial que sea, resulta más emotiva, y posteriormente, melancólica, de lo que debería ser, si es en tren.

    ResponderEliminar
  2. Me gusta cuando escribes en gallego... los gallegos sois afortunados de tener esa lengua ;)

    ResponderEliminar